
RSS é unha forma para poder obter contidos e actualizacións doutras páxinas sen ter que estar entrando continuamente nesas páxinas para ver se teñen contidos novos.
A maior vantaxe que ten o RSS, é que permite saber as actualizacións que realizan as páxinas ás que estás subscrito sen ter que estar entrando continuamente e perdendo o tempo en ler todo o da páxina en busca de actualizacións.
Eu estou subscrita ós RSS do meu blog, do Faro de Vigo e á páxina de youtube.


