viernes, 9 de enero de 2009

Nadal 2008/09


Este Nadal non foi un calquera xa que este ano foi o primeiro que saín oficialmente en fin de ano, é dicir, o que fun coas miñas amigas de festa ao mercantil.
As vacacións aínda que foron cortas, servironme para descansar do estrés dos exames e da rutina da primeira avaliación.
As tardes destas vacacións estiveron ocupadas polos amigos cós que non podo estar moito durante o curso, e as mañáns pasaron rapido xa que as pasaba durmindo recuperando o soño perdido.
Agora o nadal xa non é coma cando era máis pequena, posto que a ilusión das festas xa se perdeu e os nervios dos días antes da chegada de Papa Noel e dos Reis Magos despareceron case por completo. Antes, na noite de reis sempre estaba preocupada por deixarlle o meu zapato (canto máis grande mellor) e o turrón e o vasiño de auga para despois levantarme á mañá seguinte moi temprano e abrir os regalos cos meus pais eo meu irmán con toda a ilusión.

No hay comentarios: